Mellóreo engadindo referencias que verifiquen as afirmacións contidas no artigo e engada referencias a pé de páxina. As afirmacións que constitúan unha fonte primaria non verificable deben eliminarse. Por favor, non quite esta mensaxe ata que o problema estea solucionado. (Desde novembro de 2016.)
Estritamente falando, un Wat é un templo budista e unha escola con monxes residentes. Un templo sen monxes residentes non podería denominarse wat, aínda que o termo adóitase utilizar de forma extensiva, mesmo para facer referencia ás ruínas de templos antigos.
En lingua coloquial en Tailandia, wat fai referencia a calquera lugar de oración con excepción das mesquitas. Por tanto, wat cheen sería un templo chinés (xa sexa budista ou taoísta), wat khaek sería un templo hindú e wat kris, wat krit ou wat fa-hrang faría referencia a unha igrexa cristiá.