War é o terceiro álbum de estudio da banda irlandesa U2, editado o 28 de febreiro de 1983 a través do selo Island Records. É o primeiro traballo de U2 abertamente político, en parte grazas a cancións como "Sunday Bloody Sunday" e "New Year's Day", ademais de polo título do mesmo, que se deriva da percepción que tiña a banda do mundo naquel tempo.
Mentres que os teas centrais dos seus anteriores trabalos, Boy e October, centrábanse na adolescencia e a espiritualidade respectivamente[1], War centrouse nos aspectos físicos da guerra e nos efectos emocionais posteriores. Musicalmente tamén é máis duro que os discos anteriores. O álbum ten sido descrito como a gravación onde a banda "converteu o pacifismo nunha cruzada"[2].
War foi un éxito comercial, botando ao Thriller de Michael Jackson da cima da lista británica para converterse no primeiro número 1 de U2 no Reino Unido. Nos Estados Unidos acadou o número 12 e converteuse no primeiro álbum da banda con certificación de ouro. War recibiu críticas en xeral favorables, aínda que algúns xornalistas británicos criticárono. A banda promocionou o álbum coa xira War Tour ata finais de 1983. En 2008 lanzouse unha edición remasterizada do disco, e en 2012 foi colocado no posto 223 da lista de Rolling Stone dos 500 mellores álbums de todos os tempos.[3]
Lista de cancións
Tódolos temas escritos e compostos por U2.
Notas
Bibliografía
|
---|
|
Álbums de estudio | |
---|
Recompilatorios e EPs | |
---|
Outros álbums | |
---|
Vídeos e filmes | |
---|
Xiras e concertos | |
---|
Outras persoas relacionadas | |
---|
Artigos relacionados | |
---|