Usurpa o trono longobardo ao asasinar (ou facendo asasinar) ao seu tío, o rei Tatto (circa510); o fillo e o neto deste último, refuxiados cos xépidos, tentaron en van botalo do poder. Wacho mantén boas relacións cos francos e os baiuvaros, entrega unha das súas fillas, a princesa Waldrada, a un príncipe baiuvaro e convértese máis tarde no avó de Teodelinda de Baviera, futura raíña dos longobardos en Italia. Casou tamén cunha princesa xépida, Austricusa, tamén chamada «Ostrogotha», se cadra en razón das súas orixes ostrogodas. Morre sobre 539.