Víctor del Río Amado, nado o 20 de abril de 1911[1] e finado na Coruña en xaneiro de 1991,[2] foi un mestre e político galego.
Traxectoria
Estudou maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela. Foi mestre de Callobre (Miño), Vilarmaior, e novamente dende 1933 de Callobre. En 1931 foi un dos membros do comité organizador do Partido Agrario Radical Gallego. Foi secretario do Grupo Galeguista de Callobre. No franquismo foi alcalde de Miño entre 1954 e 1955.[3] Finou na Coruña aos 79 anos.
Vida persoal
Casou con Remedios López Domínguez.
Notas
- ↑ Primer escalafón de maestros de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933. Madrid: Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes. 1934. p. 15.
- ↑ La Voz de Galicia, 8-1-1991, p. 34.
- ↑ La Noche, 15-6-1955, p. 4.