Víctor Vázquez Rosales, máis coñecido como Churre, nado en Marín o 17 de outubro de 1989, é un futbolista galego, que xoga de defensa no Pontevedra CF.
Traxectoria
Fillo dunha familia de churreiros, de onde lle ven o seu alcume,[1] comezou a xogar ao fútbol no Porvir CF de Marín e máis tarde na Agrupación Xuvenil Lérez, chegando ao Celta de Vigo no seu segundo ano de xuvenil.[2][3] Debutou co Celta B o 16 de marzo de 2008 fronte ao Marino de Luanco,[4] e tras un ano cedido no Portonovo SD na 2008/09, volveu para xogar no Celta de Vigo B as seguintes tres campañas en Segunda División B e outra máis en Terceira tras o descenso do conxunto celeste. Durante eses anos no filial, onde foi capitán, xogou tamén catro partidos oficiais co primeiro equipo do Celta, daquela en Segunda. O seu debut produciuse o 6 de xaneiro de 2010 en oitavos de final da Copa do Rei ante o Villareal CF en Balaídos, con resultado de empate a 1-1, disputando os 90 minutos no lateral dereito.
Na tempada 2013/14 fichou polo Racing de Ferrol,[5] co que disputou cinco campañas na Segunda B, xogando 170 partidos ata o descenso na tempada 2017/18. No verán de 2018 asinou por unha tempada polo Pontevedra CF,[6] e despois de ser o xogador de campo con máis minutos do equipo durante a tempada, o seu contrato foi renovado por dous anos máis.[7] Titular indiscutible, na tempada 2021/22 conseguiu o ascenso á Primeira División RFEF, despois de se proclamar campión do Grupo I da Segunda RFEF.
Clubs
Palmarés
- Pontevedra
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas