Víctor Solís Suárez, nado en Sada cara a 1906 e finado no mesmo concello o 14 de marzo de 1996, foi un político galego.
Traxectoria
Militante do PCE. No franquismo foi detido e condenado a 20 anos, despois estivo tres anos nun batallón disciplinario. Foi un dos promotores da Asociación de Ex-Presos Políticos e Persoas Afectadas por Actividades Político-Sociais constituída na Coruña en marzo de 1977.[1] Nas primeiras eleccións democráticas encabezou a candidatura de Unión dos Veciños e foi elixido concelleiro de Sada. Finou en Sada o 14 de marzo de 1996.[2]
Vida persoal
Casou con María Souto Sanjurjo, que finou en 1978.[3]
Notas
- ↑ La Voz de Galicia, 7-3-1977, p. 22.
- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 15-3-1984, p. 80.
- ↑ La Voz de Galicia, 24-6-1978, p. 19.
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas