Víctor Ros é unha serie de televisión española producida por New Atlantis para Televisión Española e baseada nas adaptacións dalgúns dos casos do detective homónimo creado por Jerónimo Tristante. Un terzo da produción está producida por Telefónica e o resto por TVE. Contén unha media de 250 planos dixitais por capítulo, sendo a serie con máis efectos visuais de España ata o momento.
A serie comezou a súa emisión en La 1 o 12 de xaneiro de 2015. Despois dunha primeira tempada de 6 capítulos, a serie foi cancelada pero finalmente a súa segunda tempada foi aprobada polo Consello de Administración de TVE. A segunda tempada, de 8 episodios, acabará o 22 de decembro de 2016.
Sinopse
Madrid, 1895. Víctor Ros (Carles Francino) foi, de neno, un raparigo astuto que roubaba diñeiro xunto á súa cuadrilla a xente que lle sobraba para axudar á súa nai. Un policía veterano, Don Armando Martínez (Tito Valverde), sacouno do mundo da delincuencia en 1882 cando contaba con 14 anos e converteuno no mellor policía de todo Madrid. É intelixente, intuitivo e honrado. Tras pasar anos como infiltrado cos anarquistas en Oviedo, regresa a Madrid para traballar na Brigada Metropolitana. O inspector Ros e os seus compañeiros terán que enfrontarse a toda serie de dificultades. Para empezar, os atrasos técnicos e culturais da época serán un prexuízo constante.
Personaxes
Véxase tamén
Ligazóns externas