Víctor Manuel López Quijada, nado en Ribadavia en 1928 e finado en Madrid o 30 de novembro de 2021, foi un político galego.
Traxectoria
Foi profesor do ciclo de Matemáticas do Instituto Laboral de Ribadavia. Empregado na Caixa de Aforros Provincial de Ourense, foi fundador e directivo da Cooperativa Vitivinícola do Ribeiro. Foi nomeado alcalde de Ribadavia en xullo de 1970,[1] permanecendo no cargo até 1975. Afeccionado á fotografía, foi presidente da Agrupación Artístico-Fotográfica de Ribadavia.
Finou en Madrid o 30 de novembro de 2021.[2]
Notas
- ↑ El Pueblo Gallego, 17-7-1970, p. 14.
- ↑ La Voz de Galicia, Ourense, 2-12-1921, p. 4.