Víctor Castro Rodríguez, nado en Negreira o 20 de xaneiro de 1879 e finado en Ferrol o 16 de febreiro de 1942,[1] foi un farmacéutico, xornalista e escritor galego.
Traxectoria
Fillo de Feliciano Castro e Daría Rodríguez Abente, que era curmá de Eduardo Pondal. Fixo a carreira de Farmacia, que rematou en 1903, establecendo unha farmacia en Santa Comba. Publicou os seus primeiros poemas na Revista Gallega, utilizando en ocasións o pseudónimo Vícaro. Foi redactor de El Eco de Santiago, colaborou en El Eco de Mugía, Almanaque Gallego e dirixiu a revista Santiago nos seus últimos números. En 1906 emigrou a México, onde permaneceu até 1928. Ao seu regreso estableceu unha farmacia en Ferrol. Na Segunda República foi elixido presidente da xunta directiva de Renovación Española de Ferrol en novembro de 1935.[2]
Vida persoal
Casou en Muxía con Faustina Lastres Lastres en 1905,[3] e foi pai de María del Carmen, Víctor e María Victoria Castro Lastres.
Notas