Vor der Morgenröte é un filme de 2016 dirixido por Maria Schrader.[2] É unha coprodución internacional entre Austria, Alemaña e Francia. Foi un dos oito filmes escollidos por Alemaña como precandidatos para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 89ª edición dos premios, mais non foi seleccionado.[3] Non obstante, posteriormente foi escollido como candidato de Austria para o mesmo premio, mais finalmente non foi nomeado.[4][5]
Sinopse
O filme narra os últimos anos da vida do escritor austríaco Stefan Zweig, dende a súa chegada ao Brasil en 1936 ata o seu suicidio no mesmo país en 1942, con escenas tamén en Buenos Aires para unha reunión do PEN Club e en Nova York.
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas