Voo 4184 de American Eagle

Voo 4184 de American Eagle
ATR 72-212 semellante ao do accidente
Resumo
Data  31 de outubro de 1994
Causa  formación de xeo
Lugar  preto de Roselawn, Indiana
Coordenadas 
Orixe  aeroporto de Indianapolis
Destino  aeroporto O'Hare
Finados  68
Aeronave
Tipo de aeronave ATR 72-212
Operador  American Eagle
Rexistro  N401AM
Pasaxeiros  64
Tripulación  4
Superviventes  0

O voo 4184 de American Eagle era un servizo doméstico regular de pasaxeiros dende Indianapolis, Indiana ata Chicago, Illinois. O día 31 de outubro de 1994 o ATR 72 que operaba a ruta voou en condicións severas de xeo, perdendo o control e esnafrándose nun campo. As 68 persoas a bordo morreron no impacto a gran velocidade.[1]

Avión

O aparello implicado no accidente era un ATR 72-212 con rexistro N401AM,[2] equipado con dous motores turbohélice Pratt & Whitney Canada PW127.[3] Realizara o seu primeiro voo o 7 de marzo de 1994, e fora entregado a American Eagle o 24 de marzo. Foi operado por Simmons Airlines no nome de American Eagle.[1][4] American Eagle era a marca de aeroliña rexional da AMR Corporation, antes da formación de American Eagle Airlines.

Notas

  1. 1,0 1,1 "Informe do accidente" (PDF). NTSB. Consultado o 2018-12-31. 
  2. "FAA Registry - N401AM". registry.faa.gov. Arquivado dende o orixinal o 01 de xaneiro de 2019. Consultado o 2018-12-31. 
  3. Ranter, Harro. "ASN Aircraft accident ATR 72-212 N401AM Roselawn, IN". aviation-safety.net. Arquivado dende o orixinal o 09 de maio de 2015. Consultado o 2018-12-31. 
  4. "American Eagle N401AM (ATR 42/72 - MSN 401) | Airfleets aviation". www.airfleets.net. Consultado o 2018-12-31.