O voo 204 de China Airlines foi un Boeing 737-200 que se esnafrou contra unha montaña tras engalar do aeroporto de Hualien, en Taiwán, o día 26 de outubro de 1989. O accidente matou os 54 pasaxeiros e tripulantes a bordo do avión.
Avión
O aparello do accidente era un Boeing 737-209, con rexistro B-180, que voara por vez primeira o 3 de decembro de 1986 e fora entregado á aeroliña dúas semanas despois.[1]
Accidente
O voo 204 engalou do aeroporto de Hualien nun servizo curto ata o aeroporto de Taipei Sungshan na illa de Taiwán. A bordo do Boeing 737 había 47 pasaxeiros e 7 tripulantes. Dez minutos despois da engalaxe, tras alcanzar unha altura de 7 000 pés (2 100 m) chocou contra unha montaña, parte da cordilleira de Chiashan, a 5,5 km ao norte do aeroporto. Os 54 pasaxeiros e tripulantes a bordo do avión morreron.[1][2][3]
Causa
A causa principal do accidente foi un erro da tripulación, composta por un capitán experimentado e un copiloto novato, engalando pola pista incorrecta, xunto co control de terra, que non se decatou do erro. O avión entón realizou o procedemento de trepada para a pista correcta, facendo que o aparello fixese un xiro á esquerda cara ás montañas en vez dun xiro á dereita cara ao mar.[2][4]
Notas