O voo 1737 de Qantas era un servizo doméstico entre o aeroporto de Melbourne e o aeroporto de Launceston que foi obxecto dun intento de secuestro o día 29 de maio de 2003.
Intento de secuestro
O voo 1737 deixou o aeroporto de Melbourne ás 2.50 pm do 29 de maio. Uns dez minutos despois da engalaxe, cando a tripulación se preparaba para servir a comida, David Mark Robinson, un pasaxeiros sentado na fila 7, axitouse, púxose en pé e comezou a abrirse camiño polo corredor. Robinson, que sacou dúas estacas de madeira afiadas do seu peto, apuñalou á asistente de voo Denise Hickson e ao sobrecargo Greg Khan de camiño á cociña do avión. Khan abordou a Robinson para desequilibralo, tendo éxito finalmente a pesar dos golpes de Robinson na parte de atrás da cabeza coas estacas. Varios pasaxeiros axudaron a conter a Robinson, agarrándoo e at´nadoo con materiais atopados a bordo.
O avión regresou inmediatamente a Melbourne, onde Robinson foi arrestado pola Policía Federal Australiana. Tamén se lle atoparon un aerosol e varios chisqueiros, supostamente para usar como un lanzachamas.
Khan e Hickson foron levados ao Royal Melbourne Hospital para ser tratados, e un pasaxeiro que resultou ferido leve foi tratado no mesmo aeroporto.[1][2]
Preocupacións sobre a seguridade
A pesar das numerosas melloras nas medidas de seguridade tras os atentados do 11 de setembro de 2001, o voo 1737 carecía de certas medidas. A porta da cabina de mando non fora adptada para bloquear completamente o acceso dende fóra, e non había un sky marshal a bordo.[3]
Qantas realizou unha revisión de seguridade completa tras o incidente e prometeu asegurar as portas das cabinas de mando de todos os seus avións para o 1 de novembro. A compañía desestimou a suxestión de levar sky marshals armados en cada voo porque era moi caro, e un rexistro completo do corpo dos pasaxeiros para detectar obxectos de madeira por ser inviable.
Notas