O voo 11 de Allied Air foi un accidente de aviación ocorrido o sábado 2 de xuño de 2012 ao redor das 19:15 hora local no aeroporto de Kotoka en Accra, Ghana. Un Boeing 727-200 de carga operado por Allied Air[1] saíuse da pista na aterraxe, atravesou o valado do perímetro e golpeou un autobús na estrada. Os catro membros da tripulación sobreviviron, pero as 10 persoas a bordo do autobús morreron, xunto cun cicista e o pasaxeiro dun taxi.[2] Houbo ademais varios feridos en terra. Cando o avión se esnafrou había chuvia e pouca visibilidade na zona.
O goberno de Ghana anunciou que se formaría unha comisión de investigación do accidente.[3] A causa do accidente segundo a comisión de investigación foi que a tripulación calculou mal o punto de aterraxe, tocando máis adiante de onde debería.[4] Trátase do peor accidente de aviación de Ghana.[5]
Uns 20 anos antes o mesmo avión realizara o derradeiro voo para Pan American World Airways dende Bridgetown, Barbados ata Miami, Florida.[1]
Notas