O volcán Poás é un estratovolcán activo de 2 708 metros de altitude[1] que se atopa no centro de Costa Rica, no Parque Nacional Volcán Poás. Entrou en erupción 40 veces dende 1828, incluíndo unha en abril de 2017 na que os visitantes e os residentes foron evacuados.[2] O volcán e o parque que o arrodea foron pechados durante case 17 meses, cun perímetro de seguridade de 2,5 quilómetros estabelecido arredor do cráter.[3] O 1 de setembro de 2018, o parque abriu de novo cun acceso limitado para a observación da área do cráter e é precisa facer unha reserva na páxina oficial do parque nacional. Os sendeiros adxacentos cara ó lago Botos así como o museo do centro de visistantes permanecen pechados.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas