Vladimir Lučić, nado o 17 de xuño de 1989 en Belgrado, é un xogador serbio de baloncesto profesional que xoga no FC Bayern München da Basketball Bundesliga.
Traxectoria profesional
Lučić comezou a xogar coma profesional no KK Superfund serbio. Tras dous anos no Superfund, Lučić asinou co KK Partizan no ano 2008.
O 24 de xuño de 2013, Lučić asinou un contrato de dous anos co Valencia Basket da Liga ACB.[1] O 17 de xuño de 2015, o Valencia ampliou o seu contrato unha tempada máis.[2]
O 26 de xullo de 2016, Lučić asinou un contrato de dous anos co FC Bayern München da Basketball Bundesliga.[3] O 9 de xuño de 2017, asinou un novo contrato por dous anos máis co equipo Bayern München.[4]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas