Viño da Terra de Betanzos

Concello de Betanzos.

O Viño da Terra de Betanzos é unha Indicación Xeográfica Protexida galega empregada para designar os viños de mesa orixinarios da zona vitícola de Betanzos. Comprende os concellos de Bergondo, Betanzos, Coirós, Miño e Paderne, e algunhas parroquias dos de Abegondo[1], Oza-Cesuras[2] e Sada[3].[4][5]

Esta indicación xeográfica foi regulamentada en 2000[6], constituíndo unha entidade para a comarca vitivinícola recoñecida e que está máis ao norte da comunidade galega.[5] Esta indicación pretende recuperar o prestixio do viño dunha zona historicamente vitivinícola desde o medievo.[7]

Historia

Porto de Betanzos, Adegueiro.

Betanzos foi terra de alta produción de viño desde o medievo, cando menos desde o século XVI. Nese século están documentadas ordenanzas de regulación da produción e os tempos de vendima.[8] Algúns textos recollen como se traballaban as viñas en Betanzos, ou Bergondo, e se contrataban xornaleiros para iso, e mesmo como se exportaba a América.[8] Xa entón era unha das principais mercadorías no porto da cidade[9].

O seu cultivo estivo a piques de desaparecer por varias pragas no século XIX. A tradición na produción e comercialización de viño en Betanzos continuou como viño de mesa en empresas como Coes que tivo aceptación comercial ata xurdir o viño con denominacións de orixe e comercializado con marcas. Actualmente o viño de Betanzos é un viño lixeiro, froiteiro e de pouca gradación. Prodúcese en variedade branca e tinta. A tradición é tomalo nos loureiros, son adegas de particulares sinaladas cunha rama de loureiro na porta. O consumo e venda deste viño está concentrada na zona e non é doado atopalo á venda xa que está centrada a produción no autoconsumo.

Viños e variedades de uva

Nesta indicación prodúcense viños brancos, tintos e monovarietais.[5] As variedades de uva que levan este viño, en cando menos un 60% son[4][5]:

Adegas

En 2017 a extensión das viñas desta variedade ocupaban unhas 9.75 ha. nas que se 6 viticultores producíron 16 toneladas de uvas e 5 mil litros de viño.[10][11] Algunhas das adegas que producen, ou que o produciron deste viño, son as Adegas Beade, Adegas Lorenzo Bescansa, Bodegas Eladio, Bodegas Rilo, Codeseira, Ladeiras de Paderne, Ribeiras de Armea ou Viña Ártabra.[7]

Galería

Notas

  1. No caso de Abegondo inclúense as parroquias de Abegondo, Cabanas, Cerneda, Cos, Cullergondo, Leiro, Limiñón, Mabegondo, Meangos, Montouto, Presedo, Sarandóns, Vilacova e Viós
  2. No caso de Oza-Cesuras inclúense as parroquias de Bandoxa, Cis, Cuíña, Mondoi, Oza, Porzomillos, Reboredo, Salto e Vivente
  3. No caso de Sada inclúense as parroquias Osedo e Soñeiro.
  4. 4,0 4,1 Consellería do Medio Rural, Xunta de Galicia (eds.). "Viños da terra: Viños da terra de Betanzos". Arquivado dende o orixinal o 15/09/2017. Consultado o 1/9/2019. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación - Ministerio para la Transición Ecológica, Goberno de España (eds.). "Indicación Geográfica Protegida "Betanzos"". Arquivado dende o orixinal o 02 de setembro de 2018. Consultado o 02 de setembro de 2018. 
  6. Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria (eds.). "ORDE do 8 de novembro de 2000 sobre as condicións que deben cumprir para acollerse á denominación Viño da Terra de Betanzos os caldos elaborados nesa comarca vitivinícola.". DOG, Xunta de Galicia. 
  7. 7,0 7,1 galiciaenpie.com (eds.). "Vinos de la Tierra: Betanzos". Consultado o 1/9/2018. 
  8. 8,0 8,1 Meijide Pardo, Antonio (Abril de 1991). "Aspectos de la vida económica de Betanzos en el siglo XVIII" (PDF). Anuario Brigantino. 
  9. "Viño de Betanzos". Turismo Betanzos. Consultado o 04 de setembro de 2018. 
  10. Galicia Calidade, Xunta de Galicia (eds.). "Viños da Terra". Arquivado dende o orixinal o 02 de setembro de 2018. Consultado o 02 de setembro de 2018. 
  11. Consellería de Medio Ambiente e Ordenación Territorial, Xunta de Galicia (eds.). "Ficha técnica: Indicación xeográfica protexida Betanzos" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 02 de setembro de 2018. Consultado o 02 de setembro de 2018. 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas