Niépce capturou a fotografía cunha cámara escura enfocada nunha folla de 20 × 25 cm tratada con betume de Xudea. Como resultado das 8 horas de exposición, a luz do sol ilumina os edificios de ámbolos dous lados.
Historia
Despois dunha viaxe sen éxito a Gran Bretaña para tentar que a Royal Society se interesara no proceso, Niépce deu a foto ó botánico Francis Bauer. Foi exhibida ó público en 1898 por última vez, e posteriormente foi esquecida. Foi adquirida polo coleccionista Helmut Gernsheim, que volveu sacala á luz en 1952 e a Eastman Kodak Company realizou unha copia.