Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Visantoña.
San Martiño de Visantoña é unha parroquia que se localiza no noroeste do concello de Mesía. Segundo o INE en 2023 tiña 498 habitantes (245 mulleres e 253 homes) distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 649 habitantes.
Patrimonio
Lindando coa parroquia de Filgueira de Traba (concello de Oza-Cesuras) está o castro da Braña. A igrexa parroquial de San Martiño de Visantoña, de construción recente, é de planta rectangular. No interior gárdase un retablo do século XVIII.
Festas
- As Flores, o último domingo de maio.
- A Virxe do Rosario os días 2 e 3 de xullo.
- San Martiño o 10, 11 e 12 de novembro.
Lugares e parroquias
Lugares de Visantoña
Parroquias de Mesía
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas