Vila Florentina[1] é unha casa situada na parroquia de Cecebre do concello de Cambre, onde viviu o escritor Wenceslao Fernández Flórez, e que hoxe é a sede da Fundación Wenceslao Fernández Flórez.
Características
Trátase dunha edificación deseñada polo arquitecto Antonio Tenreiro Rodríguez que responde ao racionalismo propio de finais da década de 1940. Actualmente, mantendo a estrutura da vivenda e o mobiliario orixinal, é unha casa museo que alberga unha ampla colección de pinturas, fotografías, fondos bibliográficos e obxectos persoais do escritor. Ademais do seu uso museístico, Vila Florentina ofrece diversas actividades culturais organizadas pola Fundación Wenceslao Fernández Flórez, así como rutas literarias que dan a oportunidade de visitar distintas contornas da fraga de Cecebre.[2]
Notas