Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Vilela.
Santa María de Vilela é unha parroquia do concello de Punxín na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. Segundo o IGE,[2] en 2023 tiña 61 habitantes (28 homes e 33 mulleres).
Patrimonio
Igrexa de Santa María de Vilela. De orixe románica, reformada no século XVIII, cunha soa nave e ábsida rectangular. Ten esculturas barrocas de San Pedro e dúas imaxes da Virxe das Dores e do Rosario, e un cáliz e un incensario de prata do século XVIII, deseñados por Piedra e Rañoi.
Detrás do templo hai un cruceiro cun peto de ánimas no pé que conserva un capitel xónico.
Lugares e parroquias
Lugares de Vilela
Parroquias de Punxín
Notas
Véxase tamén
Outros artigos