Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Vilariño.
Vilariño das Poldras é un lugar e pedanía do concello de Sandiás, na parroquia de Couso de Limia. Nel atópase o pazo do Penedo do século XVI, que sufriu posteriores ampliacións e reformas no século XVIII.
Neste lugar atopáronse no ano 1995 tres miliarios (Milla LXVII) da Vía Nova ou Vía XVIII que unía Bracara Augusta (Braga) con Asturica Augusta (Astorga) estando o de maior tamaño dedicado ó Emperador Maximino e ó seu fillo Máximo (235-238 d.C.).
Neste lugar celébrase a Romaría do San Mateo, famosa pola súa feira de cabalos e polas pavías, os días 20 e 21 de setembro.
Lugares e parroquias
Lugares de Couso de Limia
Parroquias de Sandiás