María Victoria Olalla Martín de la Cova, nada en Rivas-Vaciamadrid o 7 de novembro de 1989, é unha guionista, humorista, presentadora de televisión e colaboradora de radio española.
Traxectoria
Licenciouse en Xornalismo na Universidade Rei Xoán Carlos e posúe un mestrado de guión en cinema e televisión.[1][2] Completou a súa formación con cursos especializados en Comunicación e Medios, mercadotecnia e analítica dixital.[2]
O seu primeiro traballo no eido audiovisual chegoulle da man de AMC Networks International Iberia, onde formou parte do departamento de comunicación.[2] Tamén foi produtora e locutora en M80, do grupo PRISA.
En 2017 creou xunto a Nacho Pérez-Pardo a canle de YouTube Living Postureo, dedicado á parodia da cultura milenial.[3] O éxito obtido en redes sociais permitiulle entrar como colaboradora en Yu: No te pierdas nada, onde interpretaba o mesmo papel que a deu a coñecer en YouTube. Co tempo, abandonou o personaxe e comezou unha sección propia, baixo o seu nome real.[2]
En 2018 estreou, xunto a Esther Gimeno e Pilar de Francisco El eje del mal, unha obra de teatro centrada no apoderamento feminino e na que se combinan monólogos, sketches e cancións en directo.[4]
En 2019 empezou a traballar como guionista en La resistencia, e como colaboradora en Las que faltaban, ambos os programas para a canle #0 de Movistar.[5] Máis adiante, ese mesmo ano, presentou Problemas del primer mundo, un programa de Atresmedia.[6]
En 2020 estreou Válidas en YouTube, unha serie web sobre dúas cómicas pasando un mal momento e que deciden facerse pasar por parella para acadar éxito social. Está escrita e protagonizada por Victoria Martín e Carolina Iglesias.[7]
Tamén presenta Estirando el chicle, un podcast creado xunto a Carolina Iglesias que se emite en distintas plataformas. Dende a súa creación converteuse nun dos podcast independentes máis escoitados de España.
En setembro de 2021 traballou como presentadora xunto a Ana Morgade no programa de Europa FM, yu: no te pierdas nada, para posteriormente retirarse por cuestións persoais. Até 2021 tamén formou parte do programa de Badoo Este es el mood,[8].
En outubro de 2022, estreou o seu podcast en solitario "Malas Personas" en Podimo e tamén publicou a súa primeira novela titulada Se tiene que morir mucha gente.
Obra
Notas