Vicente Carnota Pérez, nado en Ordes o 7 de outubro de 1855 e finado en Santiago de Compostela o 6 de xullo de 1920, foi un sacerdote e xornalista galego.
Traxectoria
Foi redactor de El Clamor de Galicia e redactor xefe de El Diario de Galicia (1895). Fundou o xornal El Noroeste, foi director do xornal conservador La Monarquía de Ferrol (1896) e do semanario El Terruño de Ordes (1903), e redactor de Fray Prudencio e La Voz de Galicia (até 1910). Ordenouse sacerdote en 1912 en Jaca, onde exerceu como profesor no seminario. Despois foi capelán do cárcere de Santiago. Interesouse pola literatura e pola poesía galega.
Vida persoal
Foi tío de Leandro del Río Carnota.
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas