Vicente Álvarez Miranda, nado en Vilaselán (Ribadeo) o 30 de maio de 1815 e finado en Veracruz (México) en 1858, foi un poeta, político e militar galego.
Traxectoria
Era fillo do tenente coronel Vicente Albarez Montis e da súa muller María Pilar Miranda Rodríguez Arango[1]. Estudou no Seminario de Mondoñedo, pero abandonouno para ingresar no exército. En 1840 desertou. Marchou a Madrid, onde foi redactor de El Huracán. En 1842 foi elixido deputado a Cortes pola provincia de Lugo pero abandonou o posto polos acontecementos políticos de 1843, e coa instauración da Monarquía, foise a vivir a Sevilla. Obtivo a cátedra de Latín do Instituto de Bilbao. En 1854 foi nomeado Cónsul Xeral en Anveres, e en 1856 foi trasladado a Veracruz onde morreu.
Obras
- Fragmentos bélicos de la terrible lucha de los siete años, 1842.
- El Hijo de María, 1852 (poema histórico).
- Glorias de Sevilla, en armas, letras, ciencias, artes, tradiciones, monumentos, edificios, caracteres, costumbres, estilos, fiestas y espectáculos, 1859.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas