É unha obra que está considerada de interese arquitectónico en España.
Características
O viaduto do río Ulla ten unha lonxitude de 630 m e apóiase sobre nove piares directamente sobre o terreo, cunha altura máxima de 116,9 m, e sobre outros cinco piares que descansan sobre un arco de 168 m de luz que salva o río.
O arco central ten unha altura de 104,4 m e construíuse empregando dous carros de avance en beiril, un para cada semiarco, o que marca a auténtica dificultade do proxecto construtivo desta obra civil.
Cada un dos semiarcos componse dun tramo de arranque que ten unha lonxitude de 10,2 m e de 26 doelas de cinco metros. Ambos os dous semiarcos únense mediante a correspondente doela de clave.[2]
O sistema construtivo utilizado para o arco central deste viaduto responde á política de Adif de "máximo respecto do medio", xa que as inmediacións do viaduto foron catalogadas como zona especial de conservación (ZEC) coa denominación de "sistema fluvial Ulla-Deza".
As especiais características do ámbito e as necesidades de conservación levaron a adoptar diversas medidas que eviten os arrastres de terras procedentes das escavacións das cimentacións.[2]