O Viaduto de Millau (en francés le Viaduc de Millau) é a ponte máis alta do mundo, acada os 343 m no seu punto máis alto. Localízase preto da cidade Millau (Francia) e salva o val do río Tarn ó longo de 2460 m sobre 7 piares de formigón.
Forma parte da autoestrada francesa A75 e foi inaugurado o 14 de decembro do 2004 despois de 36 meses de construción. Preto de 3.000 persoas traballaron neste proxecto, que custou cerca 400 millóns de euros.
O viaduto foi deseñado polo prestixioso arquitecto inglés Norman Foster (Foster and Partners) e polo enxeñeiro francés Michel Virlogeux. No 2006 a obra foi premiada pola Asociación Internacional de Enxeñeiros de Pontes e Estruturas (IABSE).[1]
Galería de imaxes
Panorámica do val do río Tarn. Á dereita a ponte.
Val do río Tarn.
Nocturna, Millau e o viaduto.
Notas
↑"IABSE.org". Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2007. Consultado o 23 de marzo de 2010.