Veselin Topalov (Веселин Топалов), nado o 15 de marzo de 1975, é un gran mestre de xadrez búlgaro.
Traxectoria
Topalov foi 'Campión do Mundo de Xadrez da FIDE'. Este campionato foi un torneo eliminatorio de status inferior ao do campionato mundial clásico.
Converteuse no campión da FIDE en 2005. Perdeu o seu título nunha partida clásica contra Vladimir Kramnik, cuxo propósito era unificar os títulos. Durante o encontro, o seu técnico acusou ao seu rival de facer trampas. A partida puxo fin á división entre títulos mundiais, que xurdira en 1993. A continuación, Topalov derrotou a Gata Kamsky en febreiro de 2009 en Sofía, Bulgaria para gañarse o dereito a ser o retador do Campionato do Mundo de Xadrez en 2010.[1] Topalov perdeu o partido do Campionato do Mundo con Anand 5½–6½ en maio de 2010.[2]
Topalov gañou o Oscar de xadrez de 2005.[3] Estivo como número 1 do mundo desde abril de 2006 até xaneiro de 2007, e despois tivo a segunda clasificación Elo máis alta de todos os tempos (2813). Recuperou o posto número 1 do mundo de novo en outubro de 2008, e mantívose oficialmente no primeiro posto até xaneiro de 2010, cando caeu no segundo posto por detrás de Magnus Carlsen.
Mantívose como número un durante 27 meses na súa carreira, o cuarto máis longo, só por detrás de Garry Kasparov, Anatoly Karpov, Bobby Fischer, e, seguido del, Magnus Carlsen.
Notas