Verísimo Sueiro Álvarez, nado no Rosal cara a 1934, é un sacerdote e político galego.
Traxectoria
Sacerdote destinado en parroquias rurais das Neves: Santa Eulalia de Batalláns, San Pedro de Batalláns, Cerdeira, Vilacoba, Tortoreos, Liñares e Rubiós. Presentouse ás primeiras eleccións democráticas encabezando a candidatura do PSOE como independente e foi elixido alcalde por maioría absoluta. En 1984 foi xulgado na Audiencia de Pontevedra por un delito de inxurias ao farmacéutico das Neves, Manuel Diz Garrido.[1]
Recoñecementos
Foi homenaxeado polos seus fregueses polos 57 anos de sacerdocio en 2014.[2]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas