Verán do 42 (en inglés: Summer of '42) é un filme estadounidense de 1971 dirixido por Robert Mulligan e baseado nas memorias do guionista Herman "Hermie" Raucher. Conta a historia de como Raucher, na súa adolescencia do verán de 1942 na illa de Nantucket (fronte á costa do cabo Cod), se embarca nun romance cunha muller, Dorothy, cuxo marido marchou a loitar na segunda guerra mundial.
Estreouse en galego o 14 de agosto de 2022 na TVG.[3]
Sinopse
Tres amigos pasan as vacacións de verán nunha illa fronte á cosa dos Estados Unidos. A segunda guerra mundial atópase en plena escalada, mais nese lugar reina a tranquilidade. Mentres os seus dous compañeiros se interesan polas mozas da súa idade e por xogar, Hermie namórase dunha muller nova, Dorothy, casada cun piloto militar. Hermie ofrécelle a súa amizade a Dorothy, mais o seu esposo morre na guerra e culmina un romance entre Hermie e Dorothy.
Personaxes
Notas