Verto |
---|
Orixe | Galicia |
---|
Período | 2019 - 2021 |
---|
Xénero(s) | pop, trap, disco |
---|
Selo(s) discográfico(s) | Tremendo Audiovisual |
---|
Membros | Alberto Mira Fernando Peleteiro |
---|
Na rede |
---|
|
Verto foi un grupo independente de música pop, disco e trap galego que comezou en 2019. Estaba composto por Alberto Mira "Berto" e Fernando Peleteiro "Fer". Son considerados un dos grupos pioneiros da música pop en galego, tendo millóns de escoitas na plataforma Spotify.[1]
A partir de 2021 Alberto Mira continuou en solitario co seu proxecto "Berto", e produciu discos como “Acrópole” de Fillas de Cassandra ou “Ardén” de Mondra, consolidándose coma un dos produtores referencia da Galiza.[2]
Traxectoria
Debutaron en novembro de 2019 cos seus primeiros traballos "Amolecer" e "Rebolando x Ti", xa coa estética pop que caracteriza actualmente ao grupo.
Máis tarde, en decembro de 2019, saíu o "Pack do nadal", EP conceptual co que simbolizaron os estados emocionais polos que pasa unha ruptura. Un dos temas, "Algo que non sexa", segue a ser na actualidade un tema insignia do seu proxecto.
O 17 de xaneiro de 2020, o grupo participou no Luar da TVG co seu tema "Oie Gayego", unha canción trap retranqueira que lles deu gran popularidade.[3]
O 14 de marzo de 2020 lanzaron o seu primeiro EP Puro Ocio,[4] composto por sete temas de estética urbana, que acumula máis dun millón de escoitas en Spotify.
O 9 de abril de 2021 sacaron a luz o seu primeiro LP Embora, composto por catorce temas pop con ritmos disco e techno que acumulan máis de tres millón de escoitas en Spotify.
Discografía
Álbums
- Puro ocio (2020)
- Embora (2021)
Sinxelos
- "Amolecer" (2019)
- "Rebolando x ti" (2019)
- "Pack do nadal" (2019)
- "Oie Gayego" (2020)
- "Pegadiño a ti" (2020)
- "Ambiente" con Rhome (2020)
- "Comando Sabor" con LORA (2020)
- "Muinheira de Chantada" (2021)
Notas