O verderolo da serra[2] (antes Serinus citrinella e agora Carduelis citrinella) é unha especie de ave paseriforme da familia dos frinxílidos (Fringillidae), que se distribúe polas montañas da Europa central e meridional.[3][4][5][6] Está presente en Galicia, mais lixeiramente ameazada pola destrución do seu hábitat e a súa recolección e a súa poboación mundial cífrase entre 475.000 e 600.000 exemplares.[7]
Taxonomía
Inicialmente atribuído ao xénero Serinus porén posteriormente propúxose o seu traslado, sobre a base de estudos de filoxenia molecular, a Carduelis. Aínda os diferentes autores non están de acordo sobre en que xénero debe situarse.[8][9] Serinus corsicanus ou Carduelis corsicana, que se distribúe por Córsega e Sardeña era antes considerada parte desta especie.
Descrición
O macho no verán, de cor verde amarelado no peito, posúe un dorso verde de tonalidade máis apagada. O seu tamaño, pequeno, é de aproximadamente 12 cm de lonxitude, 19 de envergadura e pesa ao redor de 14 g.[10]
Trátase dunha ave gregaria, que aparece frecuentemente no chan ou en árbores, alimentándose de sementes. O seu voo, lixeiro e rápido, posúe ondulacións vigorosas. Aniña de maio a xullo pondo 4 ovos nunha ou dúas niñadas. O niño está tapizado de herba e peluxe vexetal. A súa distribución é europea (norte de España, sur de Francia e Alpes). Amosa preferencia polos bosques de montaña, especialmente de faias, piñeiros e abetos.
Notas
Ligazóns externas