Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Estes tres verbos presentan algunhas irregularidades na súa conxugación:
Verbo Facer
|
Presente de Indicativo |
Presente de Subxuntivo
|
eu fago |
eu faga
|
ti fas |
ti fagas
|
el/ela fai |
el/ela faga
|
nós facemos |
nós fagamos
|
vós facedes |
vós fagades
|
eles/elas fan |
eles/elas fagan
|
Verbo Dicir
|
Presente de Indicativo |
Presente de Subxuntivo
|
eu digo |
eu diga
|
ti dis |
ti digas
|
el/ela di |
el/ela diga
|
nós dicimos |
nós digamos
|
vós dicides |
vós digades
|
eles/elas din |
eles/elas digan
|
Verbo Haber
|
Presente de Indicativo |
Presente de Subxuntivo
|
eu hei |
eu haxa
|
ti has |
ti haxas
|
el/ela ha (hai) |
el/ela haxa
|
nós habemos |
nós haxamos
|
vós habedes |
vós haxades
|
eles/elas han |
eles/elas haxan
|
Vexamos algúns exemplos con estes verbos:
- Nós facemos moito máis traballo ca vós.
- Que Iria diga o que queira, nós non imos ir.
- Esperemos a que haxa máis xente.
- Miña nai vai no mercado hai moito tempo.
- Non te fagas o parvo que xa te vin!
- Heivos de ir a visitar a Vigo
- Meu pai di que xa está o traballo rematado.
- Xan quere que lle fagamos un favor.
- Non hai máis leite. E agora que facemos?
Os verbos facer, dicir e haber presentan irregularidades na súa conxugación en tempo pasado:
Verbo Dicir
|
Imperf. de Indicativo |
Pretérito perfecto |
Pluscuamperfecto |
Imperf. de Subxuntivo
|
eu dicía |
eu dixen |
eu dixera |
eu dixese
|
ti dicías |
ti dixeches |
ti dixeras |
ti dixeses
|
el/ela dicía |
el/ela dixo |
el/ela dixera |
el/ela dixese
|
nós diciamos |
nós dixemos |
nós dixeramos |
nós dixésemos
|
vós diciades |
vós dixestes |
vós dixerades |
vós dixésedes
|
eles/elas dician |
eles/elas dixeron |
eles/elas dixeran |
eles/elas dixesen
|
Verbo Facer
|
Imperf. de Indicativo |
Pretérito perfecto |
Pluscuamperfecto |
Imperf. de Subxuntivo
|
eu facía |
eu fixen |
eu fixera |
eu fixese
|
ti facías |
ti fixeches |
ti fixeras |
ti fixeses
|
el/ela facía |
el/ela fixo |
el/ela fixera |
el/ela fixese
|
nós faciamos |
nós fixemos |
nós fixeramos |
nós fixésemos
|
vós faciades |
vós fixestes |
vós fixerades |
vós fixésedes
|
eles/elas facían |
eles/elas fixeron |
eles/elas fixeran |
eles/elas fixesen
|
Verbo Haber
|
Imperf. de Indicativo |
Pretérito perfecto |
Pluscuamperfecto |
Imperf. de Subxuntivo
|
eu había |
eu houben |
eu houbera |
eu houbese
|
ti habías |
ti houbeches |
ti houberas |
ti houbeses
|
el/ela había |
el/ela houbo |
el/ela houbera |
el/ela houbese
|
nós habiamos |
nós houbemos |
nós houberamos |
nós houbésemos
|
vós habiades |
vós houbestes |
vós houberades |
vós houbésedes
|
eles/elas habían |
eles/elas houberon |
eles/elas houberan |
eles/elas houbesen
|
Lembrade que as formas do Pluscuamperfecto fixeramos, houberamos, dixerades, ... etc. son de acentuación grave, non esdrúxula coma en castelán.
Véxase tamén
Outros artigos