A Asociación Ecoloxista e Cultural de Terra de Montes Verbo Xido creouse en febreiro de 2001 co propósito de promover actividades culturais, etnográficas e medioambientais na bisbarra de Terra de Montes, nos concellos de Cerdedo-Cotobade, Forcarei, Beariz e parte do resto dos territorios que compoñen historicamente a bisbarra.
Historia e características
Entre os seus obxectivos é de salientar a promoción, potenciación e desenvolvemento do Centro Etnográfico de Terra de Montes (CETMO), domicilio social da Asociación.
Destaca a colaboración co Centro Etnográfico de Terra de Montes de Soutelo de Montes, un museo nacido por iniciativa privada. Neste centro organízanse conxuntamente exposicións e charlas, ademais de visitas guiadas para colexios.
Integrouse na Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra, e na plataforma Nunca Máis.
Ademais do seu voceiro, a publicación Verbo Xido, teñen editado varios libros:
Véxase tamén
Ligazóns externas