Venstre, Danmarks Liberale Parti

Venstre, Danmarks Liberale Parti
Logo
AcrónimoV e V
TipoAgrarianismo nórdico
Ideoloxíaliberalismo conservador, Liberalismo clásico e agrarianismo
Data de fundación1870
Presidente/aTroels Lund Poulsen (pt) Traducir (2023-) Editar o valor en Wikidata
Nº de membros30.791 (2020) Editar o valor en Wikidata
Nº de empregados35 Editar o valor en Wikidata
SedeSøllerød e Copenhague
EnderezoSøllerødvej 30, Søllerød, 2840 Holte
PaísDinamarca
Na rede
https://venstre.dk e https://venstre.eu
Twitter: Venstredk Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Venstre, oficialmente chamado Venstre, Danmarks Liberale Parti, que en galego sería Esquerda, Partido Liberal de Dinamarca malia que a súa ideoloxía sexa de centro dereita[1], é o máis grande dos partidos políticos de Dinamarca.

Historia e características

Foi fundado con base no liberalismo e é membro da Internacional Liberal e senta co Partido Europeo Liberal Demócrata Reformista no Parlamento Europeo. Nas eleccións parlamentarias do 2007 recibiu o 26% dos votos e obtivo 46 de 179 escanos. Estivo liderado na primeira década do século XX por Anders Fogh Rasmussen, secretario xeral da OTAN e autor do libro "Fra Socialstat til Minimalstat" (Do Estado Social ao Estado Mínimo), e dende 2008 goberna en coalición co Partido Popular Conservador, con apoio do Partido Popular Dinamarqués.

Dende 2009, o primeiro ministro dinamarqués e actual líder nacional de Venstre é Lars Løkke Rasmussen.

Notas

  1. Historicamente, en Dinamarca houbo dous grandes partidos, Venstre e Hojre (Esquerda e Dereita). Hoxe o primeiro correspóndese co Partido Liberal e o segundo cos conservadores, que manteñen o hojre no seu nomel oficial. Así se explica que nacesen, á esqueda ideolóxica de Venstre, outros partidos como Socialitisk Folkeparti, Socialdemokraterne ou a propia Radikale Venstre.

Véxase tamén

Ligazóns externas