Venancio Seoane García, nado na Coruña cara a 1887[1] e finado na mesma cidade o 9 de agosto de 1936, foi un sindicalista e político galego.
Traxectoria
Camareiro. Afiliado ao PSOE e a UGT, era dirixente das Juventudes Socialistas e membro da directiva da Sociedad de Dependientes de Casino. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 6 de agosto canda outros dirixentes sindicais pola continuación da folga xeral. Acusado dos delitos de desobediencia e incumprimento dos bandos de guerra, foi executado no Campo da Rata da Coruña o 9 de agosto canda Cipriano Alvite Alonso, Jaime Rodríguez García, Francisco Ballón Pequeño, Julio Sabio Sanmartín e José Quintas Pena.[2] Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1941.
Notas
- ↑ Faleceu con 48 anos
- ↑ El Eco de Santiago, 11-8-1936, p. 2.
Véxase tamén
Bibliografía
- A represión franquista na comarca da Coruña. Vidas na memoria. A Coruña: Laiovento. 2011. p. 204. ISBN 978-84-8487-288-7.
Ligazóns externas