Venancio Isidro Lorenzo Rodríguez, finado o 7 de setembro de 1909[1], foi un político galego.
Traxectoria
Fillo do perito agrónomo Manuel Lorenzo Rodríguez e irmán de Tirso Lorenzo Rodríguez. Foi vicecónsul de Portugal en Tui. Representante da política de Ezequiel Ordóñez González, foi concelleiro e primeiro tenente de alcalde de Tui (1893) e foi nomeado alcalde de Tui a finais de decembro de 1893.[2] Foi deputado provincial en 1896, 1901 e 1905. Volveu ser alcalde de Tui do 1 de xullo de 1909 ata o seu falecemento o 9 de setembro dese ano. Organizou e dirixiu os periódicos El Vencejo e El Aloya.
Vida persoal
Casou en 1893 con Inés Álvarez Fonterosa[3].
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Añoveros Trías de Bes, Xabier; Martínez Gamallo, Loli (2007). Los alcaldes de Tui del siglo XX. Historia de la ciudad a través de los plenos municipales. Pontevedra: Deputación. ISBN 978-84-612-2481-4.
- Taboada Moure, Pablo (1987). Las élites y el poder político. Elecciones provinciales en Pontevedra (1836-1923). Pontevedra: Deputación Provincial. ISBN 84-505-6436-0.