Vehículo de transferencia automatizado

Vehículo de transferencia automatizado
Descrición
Función: Subministrar a Estación Espacial Internacional con propulsión, auga, aire, carga útil e experimentos.
Tripulación: Sen tripulación, pero valido para humanos.[1]
Dimensións
Altura:: 10.3m
Diámetro: 4.5m[2]
Lanzamento Carga útil: 7667.kg[3]
Retorno de Carga útil: Ningún
Masa no lanzamento: 20,750 kg[2]
Volume Presurizado: 48 m3[4]
Enerxía Eléctrica
Fonte: 4 paneis solares independentes e orientables
Tamaño: extensión total 22,3 m (4 x 8.4 m2)
Enerxía Xerada: 4,800 W
Motores a bordo
Motor principal: 4 x 490N, Aerojet (GenCorp) Modelo R-4D-11
Propulsores: 28 x 220N control a altitude & braking, Astrium Lampoldshausen
Rendemento
Resistencia: Atraque ISS por seis meses
Apoapse: 400 km
Periapse : 300 km
Inclinación: 51.6 grados
Lanzamento
Sitio de Lanzamento: Centro Espacial de Kourou,
Kourou en Güiana Francesa
Rampla: ELA-3
Foguete Acelerador: Ariane 5

O Vehículo de transferencia automatizado ou ATV (Automated Transfer Vehicle) é unha nave espacial robótica desenvolvida pola Axencia Espacial Europea (ESA) que ten como misión subministrar carga, a retirada de lixo e a elevación periódica da órbita da Estación Espacial Internacional (ISS). Non leva tripulación. No proxecto participan dez países da ESA e a empresa principal contratista é EADS. Tense previsto fabricar 5 naves ATV dependendo do tempo de vida da ISS.

O ATV é un dos vehículos de transporte non tripulados que abastecen a ISS. Os outros son as naves Progress (Rusia), HTV (Xapón), e Dragon (USA).

O primeiro dos lanzamentos desta nave, chamada ATV-001 Jules Verne[5][6][7] en honor do escritor francés, produciuse o 9 de marzo de 2008. Acoplouse á ISS o 4 de abril (despois de facer diversas demostracións dos sistemas de navegación e seguridade) separándose o 9 de setembro, desintegrando na atmosfera terrestre o 29 de setembro.

A segunda nave foi chamada ATV-002 Johannes Kepler[8] en honor do matemático e astrónomo alemán do século XVII. Foi lanzada o 16 de febreiro de 2011[9], desintegrando na atmosfera en xuño do mesmo ano[10].

A terceira nave, chamada ATV-003 Edoardo Amaldi[11][12] en honor do físico italiano do século XX. Engalou o 23 de marzo de 2012[13]. Logo de seis meses conectada á ISS, rematou a súa misión o 28 de setembro do mesmo ano.

A cuarta nave, a ATV-004 Albert Einstein[14] en honor do físico alemán, foi lanzada o 5 de xuño de 2013. A súa misión rematou ao queimarse na atmosfera o 2 de novembro, ás 12:04 GTM.

A quinta e derradeira nave, a ATV-005 Georges Lemaître[15], foi lanzada o 29 de xullo de 2014.

Características

ATV-2 acoplado á estación espacial internacional

Está integrado por tres elementos fundamentais:

  • O módulo de servizo, non presurizado, que inclúe os sistemas de propulsión, enerxía eléctrica, ordenadores, sistemas de comunicación e o pañol de aviónica.
  • O transportador de carga integrado (Integrated Cargo Carrier). Contén un módulo presurizado para almacenamento onde se sitúa a trapela que conecta coa ISS, cunha capacidade de 48 m2. A parte non presurizada, que ocupoa un 10% do espazo na parte trasaira, contén os depósitos de gas para renovar a atmosfera da ISS, auga potable e combustible destinado ao sistema de propulsión da ISS[16].

As dimensións físicas:

  • 9,79 m de lonxitude e 4,48 m de diámetro.
  • A envergadura dos seus paneis solares é de 22,28m.
  • A masa é de 10,4Tm.
  • A capacidade de carga é 7,5Tm, e a de descarga de lixo é de 6,3Tm.

O vehículo posúe diferentes automatismos e é capaz de tomar decisións por si mesmo, incluíndo sistemas anticolisión de seguridade para acoplarse coa Estación Espacial Internacional.

Plan de voo

A nave e lanzada a bordo dun foguete Ariane 5 ES ATV desde o Centro Espacial de Kourou que a sitúa en órbita de aproximación a 260Km. Posteriormente sepáranse foguete e ATV, que pasará a ser completamente autónomo, poñendo en marcha a telemetría e activando o sistema de navegación e propulsión. Despréganse os paneis solares e a antena de comunicación coa ISS e comeza o achegamento cara a ISS, onde rematará por acoplarse. O voo pode durar 5 días, incluíndo o procedemento de atraque. O vehículo pode permanecer 6 meses acoplado á estación.

A ATV impulsara A ISS a maior altitude de órbita co fin de contrarrestar os efectos da resistencia atmosférica.

Cando termine a súa misión cargará cos residuos da ISS, separándose de maneira automática da estación. A viaxe final comprende unha reentrada destrutiva na atmosfera terrestre desintegrándose de forma controlada no océano Pacífico.[17]

Manobra de aproximación e atraque

A nave emprega un sistema GPS de alta precisión para identificar a súa posición relativa respecto á estación espacial. Na manobra de aproximación ten 4 puntos de detención identificados como S1, S2, S3 e S4, nos que o ATV detén a súa aproximación entrementres o centro de control, que se atopa nas instalacións da ESA/CNES en Tolosa (Francia), comproba que os parámetros de aproximación son correctos e envíalle a orde de continuar. Nas últimas fases da manobra de aproximación o ATV emprega sensores láser para se aliñar correctamente co porto de atraque, situado no módulo ruso Zvezda da ISS.

A manobra de atraque realízase cunha marxe máxima de erro de 10 cm, cando ambas naves se moven a 27.000 km/h, o que dá unha idea da súa precisión e complexidade. Unha vez acoplada, a nave estabelece de forma automática as conexións eléctricas e de transvasamento de fluídos cos sistemas da ISS. Toda a manobra é supervisada polos astronautas a bordo da estación, que contan coa posibilidade de enviar ao ATV a orde de abortar a manobra se detectan algún problema.

A intervalos regulares, o ATV impulsará á ISS a unha órbita superior para compensar a caída provocada polo rozamento cas partículas procedentes da atmosfera terrestre. Para estas manobras, o ATV empregará unhas 4,7 toneladas de combustible. Durante os 6 meses da súa permanencia na ISS, o ATV será utilizado como un módulo máis da mesma, posto que dado que está presurizado os astronautas poden entrar e saír libremente nel.

Ao rematar a misión, o ATV retirase da ISS cargado de lixo, materiais innecesarios e augas residuais. Previamente activado e preparado para a saída polo Centro de Control, o ATV separase e afástase da Estación de forma automática. A viaxe de regreso chega ao seu remate sobre o Pacífico coa saída da órbita e a desintegración do vehículo ao entrar este en contacto coa atmosfera terrestre.

Notas

  1. "Final preparations for first human-rated spacecraft to be launched from Europe's Spaceport – ESA". Esa.int. 18 de decembro de 2007. Consultado o 1 de marzo de 2011. 
  2. 2,0 2,1 "ATV configuration". Esa.int. 9 March 2010. Consultado o 2011-03-01. 
  3. "Automated Transfer Vehicle (ATV) Utilisation Relevant Data Rev. 1.2" (PDF). ESA ERASMUS User Centre. 
  4. "ESA – ATV Integrated Cargo Carrier". Esa.int. 9 March 2010. Consultado o 2011-03-01. 
  5. ESA (Axencia Europea do Espazo). "ATV -1 Jules Verne" (en inglés). Consultado o 21/10/2015. 
  6. ALICIA RIVERA (9/3/2008). "El carguero europeo parte con destino a la Estación Espacial Internacional". El País (en castelán). Consultado o 22/10/2015. 
  7. Marc Kaufman (11/3/2008). "Glitch Found on European Spacecraft". The Washington Post (en inglés). Consultado o 22/10/2015. 
  8. ESA (Axencia Europea do Espazo). "ATV-2 Johannes Kepler" (en inglés). Consultado o 21/10/2015. 
  9. http://www.esa.int/SPECIALS/ATV/SEMLWSOT1KG_0.html (en castelán)
  10. Alicia Rivera (20/6/2011). "El carguero europeo ATV-2 abandona la estación espacial". El País. Consultado o 22/10/2015. 
  11. ESA (Axencia Europea do Espazo). "ATV-3 Edoardo Amaldi" (en inglés). Consultado o 21/10/2015. 
  12. Alicia Rivera (20/3/2012). "El tercer carguero europeo está listo para viajar a la Estación Espacial Internacional". El País (en Castelán). Consultado o 22/10/2015. 
  13. http://www.esa.int/esaCP/SEM9UR2T00H_index_0.html (en inglés)
  14. ESA (Axencia Europea do Espazo). "ATV-4 Albert Einstein" (en inglés). Consultado o 21/10/2015. 
  15. ESA (Axencia Europea do Espazo). "ATV-5 Georges Lemaître" (en inglés). Consultado o 21/10/2015. 
  16. ESA. "ATV Integrated Cargo Carrier" (en inglés). Consultado o 22/10/2015. 
  17. http://esamultimedia.esa.int/docs/ATV/Information_kit_ATV-3_SPANISH_FINAL_LR.pdf (en castelán)

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas