A vea cefálica é unha vea do membro superior humano, pertencente á axila. É unha vea superficial que drena as superficies poteriores e laterais da man, do antebrazo e do brazo. No ombreiro pasa a través dunha fendidura triangular situada entre o músculo deltoide, pectoral maior e a clavícula. Na parte superior do triángulo, a vea cefálica atópase por debaixo do pectoral maior e fura a fascia clavipectoral para desembocar na vea axilar.
A vea cefálica é unha das veas que con maior frecuencia se emprega para extraer sangue e incorporar substancias ó organismo.
Véxase tamén
Bibliografía
- Gray. Anatomía para estudiantes. Miembro superior. (en castelán)
|
---|
superficiais - man/antebrazo | |
---|
superficiais - brazo | |
---|
profundas - man/antebrazo | |
---|
profundas - brazo | |
---|