Vasco Fernandes formouse nas categorías inferiores do Olhanense, equipo da súa cidade natal, sendo cedido na tempada 2005/2006 ao Girondins de Bordeos. Tras unha campaña no país galo regresou ao seu club de orixe, o Olhaenense, ata que o UD Salamanca interesouse por el. Na tempada 2007/2008 debutou na Segunda División co conxunto salmantino, chegando a participar en 18 encontros. A última campaña militou nas filas do Leixoes, equipo revelación da Primeira División portuguesa.