O val de Madriu-Perafita-Claror (en catalán: Vall del Madriu-Perafita-Claror) é un val glacial no sueste de Andorra. Abrangue unha área de 42.47 km², aproximadamente un 9% da área total de Andorra, e forma parte da segunda meirande conca fluvial de Andorra. É un val illado e recoñecido como un paraíso para a fauna rara ou en perigo de extinción, sendo considerado o "corazón espiritual" de Andorra. Converteuse no primeiro, e até o momento, no único Patrimonio da Humanidade en Andorra, declarado pola UNESCO en 2004, e cunha pequena ampliación en 2006.
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas