O V8 Supercars (antigamente chamado Campionato Australiano de Turismos) é un certame automobilístico de turismos que se disputa en circuítos de Australia e Nova Zelandia dende o ano 1960. A categoría principal, para motores 5.0 litros de cilindrada, deu e segue dando grandes duelos entre as dúas marcas de coches máis vendidas de Australia: Ford e Holden.
No ano 2000, os equipos privados pasaron a ter carreiras e incluso datas de forma indepente. Isto fixo que as dúas divisións (Level One e a Level Two) tomaron o nome de V8 Supercar Championship Series e V8 Supercar Development Series.
Historia
Historicamente o Campionato Australiano de Turismos acollía varias divisións diferentes, pero na década dos 60 forxouse unha rivalidade entre as marcas de Ford, Holden e Chrysler, que corrían cos seus modelos de rúa para promocionalos.
En 1973 adoptouse o regulamento Grupo C CAMS, o que fixo que os automóbiles poidesen ser modificados e que estes modelos non se poidesen vender ao público. En dito período apareceron novos modelos de coches importados que non lograron vencer aos autóctonos como o BMW Serie 6, o Mazda RX-7 e o Chevrolet Camaro. No 1985 adoptouse o regulamento Grupo A da FIA que permitiu aos australianos importar automóbiles estranxeiros como os Ford Sierra e os Nissan Skyline.
No 1993, o campionato estableceu unha normativa de motores V8 para os automóbiles da clase principal. O Campionato Australiano de Turismos tivo os seus 1000 km de Bathrust nos anos 1997 e 1998, polo que esta carreira tivo o nome de Austrailian 1000 Classic.
O campionato pasou a chamarse V8 Supercars en 1999 e os 1000 km de Bathrust pasaron a puntuar para o campionato. Anteriormente esta carreira puntuou para o Campionato Australiano de Marcas, pero non para o Campionato Australiano de Turismos. Dende aquela, as demais probas de resistencia contan tamén para puntuar coma na década dos 70.
Dende o ano 1995 até o ano 2012, os únicos modelos permitidos para as carreiras foron os Ford Falcon e os Holden Commodore. Teñen motores V8 de 5.0 litros cun límite de 7500 rpm que desenvolven unha potencia de entre 630 e 660 CV. O peso mínimo sen piloto ten que ser de polo menos 1.355 kg e só existe un único provedor de neúmaticos (Dunlop). Pola súa potencia os coches seméllanse máis aos do DTM e aos da NASCAR que aos Super 2000 do BTCC e do WTCC.
Na tempada 2013, Nissan e Mercedes-Benz chegaron ao campionato co Nissan Altima e co Mercedes-Benz Clase E. Na tempada 2014, tamén recalou neste campionato Volvo co seu Volvo S60.
Tipos de carreiras
No V8 Supercars distínguense tres formatos diferentes de carreiras: as de Super Sprint, as de Super Street e as de Endurance Cup.
Realízanse dúas sesións de adestramento dunha hora o venres, excepto a Auckland 500, que só ten unha de 30 minutos. Os sábados celébranse dúas sesións de clasificación de 15 minutos para decidir as posicións da grella de saída das dúas carreiras do sábado. O domingo celébrase unha soa clasificación de 20 minutos que determina os lugares de saída da posterior carreira. A Auckland 500 tamén conta con outra sesión de cualificación de 20 minutos o venres para a carreira do mesmo día.
As carreiras de formato Super Sprint contan con dúas carreiras de 100 km o sábado e con outra de 200 quilómetros o domingo. Na Auckland 500 tamén se disputa unha carreira de 100 km o venres.
Dispútanse 4 sesións de adestramento de 30 minutos (3 o venres e 1 o sábado). A clasificación consta de dúas sesións de 15 minutos para determinar a grella do sábado e unha sesión de 20 minutos seguida dun top ten (sesión onde os 10 pilotos mellor clasificados dan unha volta para saber as 10 primeiras posicións) que decide a grella do domingo.
Os grandes premios disputados con este formato corren dúas carreiras de 125 quilómetros o sábado e outra de 250 quilómetros.
Endurance Cup
Hai tres probas realizadas con este formato: a Sandown 500 , a Bathurst 1000 e a Gold Coast 600 . Estes eventos requiren a dous pilotos por coche. Xuntos forman a Copa Endurance, un premio outorgado ao condutor ou condutores que teñan máis puntos entre os tres eventos.
A Sandown 500 e a Gold Coast 600 contan con catro sesións de práctica de corenta minutos que se celebran o venres e o sábado. A Bathurst 1000 conta con tres sesións de cincuenta minutos e dúas sesións de corenta e cinco minutos que se celebran durante o xoves e o venres.
A clasificación para a Sandown 500 consiste nunha sesión de vinte minutos, seguida dun par de "carreiras de clasificación" de 60 quilómetros, o sábado. As posicións de saída para a primeira carreira básase na sesión de cualificación; as posicións da segunda carreira básanse nos resultados da primeira carreira. Os resultados da segunda carreira determinan a grella para a carreira principal do domingo. Os co-condutores deben competir na primeira das carreiras de clasificación mentres que o condutor principal debe competir na segunda. A Bathurst 1000 dispón dunha única sesión de cualificación de corenta minutos na tarde do venres, seguido por un top ten o sábado. A Gold Coast 600 ten dúas sesións de cualificación de trinta minutos, unha para cada carreira, a sesión do sábado é seguida dun top ten. A Sandown 500 e a Bathurst 1000 teñen unha sesión de quecemento de vinte minutos pola mañá do domingo.
A Sandown 500 e os 1000 km de Bathurst constan de carreiras individuais celebradas o domingo, de 500 km e 1.000 quilómetros de lonxitude, respectivamente. A Gold Coast 600 consta de dúas carreiras con 300 quilómetros que se celebran unha sábado e outra o domingo.
Sistema de puntuación
Para a puntuación das carreiras dos V8 Supercars existen varias escalas de puntos. Os puntos dánselle a todos os pilotos que polo menos acabaron o 75% da carreira. Nas carreiras de resistencia, os puntos danse na mesma cantidade tanto a un piloto como ao outro segundo o lugar no que acabe o coche.
Pos.
Escala 1
Escala 2
Escala 3
Escala 4
1º
50 puntos
75 puntos
150 puntos
300 puntos
2º
46 puntos
69 puntos
138 puntos
276 puntos
3º
43 puntos
64 puntos
129 puntos
258 puntos
4º
40 puntos
60 puntos
120 puntos
240 puntos
5º
37 puntos
55 puntos
111 puntos
222 puntos
6º
34 puntos
51 puntos
102 puntos
204 puntos
7º
32 puntos
48 puntos
96 puntos
192 puntos
8º
30 puntos
45 puntos
90 puntos
180 puntos
9°
28 puntos
42 puntos
84 puntos
168 puntos
10º
26 puntos
39 puntos
78 puntos
156 puntos
11º
24 puntos
36 puntos
72 puntos
144 puntos
12º
23 puntos
34 puntos
68 puntos
136 puntos
13º
22 puntos
33 puntos
66 puntos
132 puntos
14º
21 puntos
31 puntos
63 puntos
126 puntos
15º
20 puntos
30 puntos
60 puntos
120 puntos
16º
19 puntos
28 puntos
57 puntos
114 puntos
17º
18 puntos
27 puntos
54 puntos
108 puntos
18º
17 puntos
25 puntos
51 puntos
102 puntos
19°
16 puntos
24 puntos
48 puntos
96 puntos
20º
15 puntos
22 puntos
45 puntos
90 puntos
21º
14 puntos
21 puntos
42 puntos
84 puntos
22º
13 puntos
19 puntos
39 puntos
78 puntos
23º
12 puntos
18 puntos
36 puntos
72 puntos
24º
11 puntos
16 puntos
33 puntos
66 puntos
25º
10 puntos
15 puntos
30 puntos
60 puntos
26º
9 puntos
13 puntos
27 puntos
54 puntos
27º
8 puntos
12 puntos
24 puntos
48 puntos
28º
7 puntos
10 puntos
21 puntos
42 puntos
Escala 1:Úsase para as carreiras do venres e do sábado da Auckland 500
Escala 2:Úsase para as carreiras do sábado de Super Street e Super Sprint (excepto Auckland)
Escala 3:Úsase na Gold Coast 600 e nas carreiras do domingo de Super Sprint e Super Street
Nos orixes do campionato, en cada data disputábase tan só unha carreira. No 1992, o formato pasou a ter dúas carreiras por data e no 1993, pasou a ter tres.