Uxía Tizón Vázquez, nada en Ourense o 22 de xuño de 1989, é unha avogada e política galega do PSdG-PSOE, deputada no Congreso dos Deputados de España.
Traxectoria
Licenciada en dereito pola Universidade de Vigo, formouse tamén un ano na Universidade de Coímbra, dentro dun Programa Erasmus.[1]
Dende o 25 de marzo de 2020, substituíndo a Marina Ortega Otero, que renunciou ao escano para presentarse ás Eleccións ao Parlamento de Galicia dese mesmo ano, é deputada por Ourense do Grupo Parlamentario Socialista da XIV Lexislatura do Congreso dos Deputados.[2]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas