Ushas Mons

Ushas Mons
Vista de Maat Mons en 3d sobre a superficie de Venus, cunha escala vertical multiplicada por 22,5. Imaxe baseada en imaxes tomadas pola sonda Magallanes.
Tipo de accidente xeolóxico Mons
Accidente xeolóxico de Venus
Diámetro 413 km[1]
Altitude 2 km[2]
Coordenadas 24,3° S 324,6° E[1]
Procedencia do nome deusa india do amencer.[1]

Ushas Mons é un volcán de 2 km de altitude que está situado no hemisferio sur de Venus, exactamente nas coordenadas 24,3° S 324,6° E. O volcán está inzado de numerosos regueiros brillantes de lava e pódense ver fracturas en dirección norte-sur, moitas delas semellan terse formado despois de que a lava fose emitida á superficie. Na área central do cumio, pola contra, os regueiros máis novos permanecen sen fracturas. Pódese ver un cráter de impacto entre as fracturas na parte superior central da imaxe da caixa de información. A ligazón entre as fallas e vulcanismo é moi común neste tipo de volcáns en Venus, é pensase que son o resultado de xigantescas masas de material quente que se achega á codia de Venus, procedentes do propio manto do planeta, fenómeno semellante ó dos puntos quentes da Terra.

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 Gazetteer of Planetary Nomenclature. "Planetary Names: Mons, montes: Ushas Mons on Venus". Consultado o 15-11-2011. 
  2. JPL/NASA. "PIA00272: Venus - Simulated Color of Ushas Mons". Consultado o 15-11-2011. 

Véxase tamén

Outros artigos