Urbano González Varela , nado en Santiago de Compostela o 3 de marzo de 1868 e finado na mesma cidade o 24 de abril de 1906 , foi un pintor, escritor e xornalista galego.[ 1]
Traxectoria
Fillo de Secundino González Valdés e Patrocinio Varela e irmán de Pura González Varela , que en 1902 casou con Manuel Lugrís Freire . Iniciou os seus estudos en Santiago de Compostela. Emigrou sendo mozo a Cuba e estudou na Academia de Belas Artes San Jorge da Habana e na de Arquitectura de Nova York e en Madrid co pintor Casto Plasencia . Pertenceu á Cova Céltica , faladoiro de intelectuais galeguistas. Foi profesor das Escolas de Artes da Coruña e Santiago de Compostela. Foi académico, co número 58, da Academia de Belas Artes da Coruña . Pertenceu á primeira xunta directiva de La Voz de Galicia , do que foi o primeiro director de arte e redactor e colaborou en Revista Gallega , Eco de Galicia , El Noroeste , El Alcance , Extracto de Literatura e Pasatiempos . Obtivo o premio á mellor obra de teatro en verso en galego nos primeiros xogos florais celebrados en Tui o 24 de xullo de 1891 por "Amor e meiguería". Deixou un drama inédito titulado Contagio . Foi fundador e primeiro presidente da Asociación da Prensa da Coruña. Morreu recluído nun sanatorio psiquiátrico.[ 2]
Cantares , 1888.
Como pintor foi iniciador das pinturas do teito do paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela , que rematou José María Fenollera . Entre as súas obras pictóricas figuran "La primera labor", "Retrato de una vieja" (dedicado a Ovidio Murguía ), "Vista de la catedral de Santiago", "Retrato del general García Reboredo", "Retrato yacente de Casto Plasencia" e "El viejo de la zanfona".
Obra bibliográfica
Cantares , 1888, poemas en castelán.[ 3]
Amor e meiguería , 1891, comedia en galego nun acto en verso.
Ilustracións, en 1893, da reedición das Proezas de Galicia de Xosé Fernández Neira , canda Román Navarro .
Entre luces , 1900, Biblioteca de autores gallegos, contos en castelán.
Estudio sobre Gregorio Hernández , ensaio .
Contagio , drama, inédito.
Recoñecementos
O Concello da Coruña dedicoulle unha rúa en 2010.[ 4]
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
"González Varela, Urbano". Diccionario enciclopédico galego universal 31 . La Voz de Galicia . 2003-2004. p. 48. ISBN 84-7680-429-6 .
"González Varela, Urbano". Dicionario biográfico de Galicia 2 . Ir Indo Edicións . 2010-2011. p. 180.
"González Varela, Urbano". Diciopedia do século 21 2 . Do Cumio , Galaxia e do Castro . 2006. p. 997. ISBN 978-84-8288-942-9 .
"González Varela, Urbano". Enciclopedia Galega Universal 10 . Ir Indo . 1999-2002. p. 55. ISBN 84-7680-288-9 .
Bangueses Vázquez , Mercedes (2010). Ilustradores galegos de preguerra (1880-1936) . IEV . ISBN 978-84-89599-44-4 .
Carballo Calero , R. (1975) [1963]. Historia da literatura galega contemporánea . Galaxia. ISBN 84-7154-227-7 .
Carré Aldao , Eugenio (1911). Literatura gallega (en castelán ) . Barcelona: Maucci.
Couceiro Freijomil , A. (1951-53). Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores (en castelán ) II . Bibliófilos Gallegos . pp. 199–200.
Fernández del Riego , F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro . p. 199. ISBN 84-7492-465-0 .
Lourenzo , Manuel ; Pillado Mayor , F. (1979). O teatro galego . Sada: Ediciós do Castro.
Vilanova , A. (2005). "González Varela, Urbano". Gran Enciclopedia Galega (DVD ). El Progreso . ISBN 84-87804-88-8 .
Vilavedra , D. , ed. (1995). Diccionario da Literatura Galega. Autores I . Galaxia . p. 277. ISBN 84-8288-019-5 .
Outros artigos
Ligazóns externas