Unwound |
---|
|
Orixe | Tumwater/Olympia, Washington, |
---|
Período | 1991 - 2002 2022 - presente |
---|
Xénero(s) | post-hardcore, noise rock, indie rock, math rock, post-rock |
---|
Selo(s) discográfico(s) | Kill Rock Stars, Gravity, Troubleman Unlimited, Punk In My Vitamins?/Honeybear, Matador Records, Rebel Beat Factory |
---|
Membros | Justin Trosper Vern Rumsey Sara Lund Brandt Sandeno David Scott Stone |
---|
Artistas relacionados | Nocturnal Habits, Household Gods, Replikants, Long Hind Legs, The Young Ginns, Red Rumsey, Worst Case Scenario, The Corin Tucker Band, Giant Henry, Hungry Ghost, Flora v. Fauna, Survival Knife |
---|
Na rede |
---|
unwoundarchive.com |
|
Unwound é unha banda de post-hardcore estadounidense fundada en Tumwater/Olympia, Washington. Formada en 1991, o grupo está composto no presente por Justin Trosper (voces, guitarra), Jared Warren (baixo), Sara Lund (batería), e Scott Seckington (guitarra).
Fundada orixinalmente por Trosper, o baixista Vern Rumsey e o batería Brandt Sandeno co nome "Giant Henry", Sandeno foi substituído en 1992 por Lund que tocou no seu álbum de estrea en 1993. Baseado en Olympia durante a década de 1990, o trío formado por Lund, Trosper e Rumsey gravou sete álbums, ademais de numerosos sinxelos, e xirou sen descanso ata a disolución da banda en 2002.
Moitas veces clasificado como noise rock ademais de post-hardcore, Unwound toca un estilo marcadamente disonante e angular que fai uso de tons de guitarra pouco comúns, e chamou a atención local polas súas incansables xiras, preferindo clubs para todas as idades e destacou pola súa forte ética DIY. O grupo estivo fortemente asociado ao selo Kill Rock Stars ao longo dos anos 90, co álbum de estrea da banda, Fake Train (1993), sendo o primeiro lanzamento do selo que non era de spoken word. Unwound medrou co lanzamento do quinto e sexto álbums de estudo da banda, Repetition (1996) e Challenge for a Civilized Society (1998), que experimentaban máis aló do noise rock. O sétimo álbum autoproducido de Unwound, Leaves Turn Inside You (2001), foi o único álbum dobre da banda, e viu como a banda mudaba estilisticamente ao territorio post-rock e vangardista; foi aclamado pola crítica e máis tarde apareceu en varias listas dos mellores álbums da década de 2000.[1][2]
Tras unha desastrosa xira polos Estados Unidos para promocionar Leaves Turn Inside You, Unwound anunciou a súa disolución en 2002 citando as diferenzas xeográficas dos membros da banda e o empeoramento do alcoholismo de Vern Rumsey, causado polo estrés das xiras.[3] Durante a década de 2010 plans para unha reunión plantexáronse e rexeitáronse repetidamente debido aos problemas de saúde de Rumsey, e finalmente nunca ocorreron antes da súa morte en agosto de 2020. En xullo de 2022, Trosper e Lund reformaron Unwound para unha xira en 2023 en memoria de Rumsey, con Jared Warren no baixo e Scott Seckington na guitarra.[4]
Discografía
Véxase tamén
Ligazóns externas
- ↑ "The Top 100 Albums of 2000-04". Pitchfork (en inglés). 2005-02-07. Consultado o 2024-06-15.
- ↑ "Sputnikmusic - Top 100 Albums of the Decade (100 -76) « Staff Blog" (en inglés). Consultado o 2024-06-15.
- ↑ Corcoran, Nina (2022-09-12). "The Unwound Reunion Still Feels Like a Dream". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2024-06-15.
- ↑ Aubrey, Elizabeth (2022-07-13). "Unwound reunite after 20 years and announce series of live shows". NME (en inglés). Consultado o 2024-06-15.