A Unión Deportiva Vecindario é un club de fútbol de España, da localidade de Vecindario en Santa Lucía de Tirajana (Gran Canaria). Foi fundado en 1962 e xoga na Preferente - Las Palmas.
Historia
A Unión Deportiva Vecindario naceu en 1962. Na tempada 2000–01 debutou en Segunda División B.
A tempada 2005–06 logrou o ascenso a Segunda división tras disputar os play-offs de ascenso, grazas ao cuarto posto conseguido na liga regular de Segunda B no Grupo I. Na primeira eliminatoria, venceu ao Cartagena (2–2 na ida, 0–1 na volta) e ao Levante B (2–0 e 2–1).
Na tempada 2006–07, logo de ascender a Segunda División, descendeu a Segunda División B, tras unha mala campaña. Na tempada 2011–12 descendeu a Terceira División.
- Uniforme titular: Camiseta blanquinegra, pantalón negro e medias brancas.
- Uniforme visitante: Camiseta laranxa, pantalón azul mariño e medias laranxas.
Estadio
O estadio do Vecindario é o Estadio Municipal de Vecindario, con capacidade para 4.500 persoas.
Datos do club
- Tempadas en 1ª: 0
- Tempadas en 2ª: 1
- Tempadas en 2ªB: 8
- Tempadas en 3ª: 13
- Mellor posto na liga: 22º (2ª División tempada 06–07)
- Peor posto na liga: 22º (2ª División tempada 06–07)
Xogadores
Cadro actual
Palmarés
Véxase tamén
Ligazóns externas