Unitat Catalana é un movemento político catalán de dereita que ten como obxectivo o recoñecemento e o respecto da nación e cultura catalás no seu territorio catalán, Cataluña Norte, correspondente, practicamente, ó departamento dos Pireneos Orientais.
Caracaterísticas
Conta con bastantes concelleiros[Cómpre referencia], particularmente en Perpiñán, onde é un dos compoñentes da maioría municipal onde o alcalde é Jean-Paul Alduy, membro da UMP e do Partido Radical.
Reivindica a pertenza de Cataluña Norte a unha comunidade máis grande: a nación catalá, constituída polos Países Cataláns. Ten boas relacións co primeiro partido da Cataluña do estado español Convergencia i Unió dirixido por Artur Mas i Gavaró. O presidente de Unitat Catalana é Jaume Roure, alcalde-adxunto delegado ós asuntos cataláns da cidade de Perpiñán.
O partido é membro de Alianza Libre Europea.
Véxase tamén
Bibliografía
- «Què és Unitat Catalana?», Cercle Alfons Mias, Sant Genis de Fontanes, 2002.
Ligazóns externas