A coalición constituíase dafeitu en abril de 2007. No mesmo mes presentan oficialmente ao seu candidato á Xunta Xeral, o recoñecido escritor e médico psiquiatra Ignaciu Llope. Así mesmo, marcan as línias xerais do seu acordo programático, que incluían a defensa da lingua, cultura e identidade asturiana; a loita contra a crise económica e laboral que sofre Asturias, así como a corrupción en certos niveis e os atentados ecolóxicos que cren que provoca o goberno actual; e, en xeral, a implantación dun novo modelo de desenvolvemento territorial, a partir dun Estatuto de Autonomía novo que supoña unha ampliación importante en comparación co actual, e que consideran imprescindible, ademais dunha aposta por unha opción que de continuidade a unha unidade que cren que o nacionalismo asturiano de esquerda necesitaba desde había anos.