Unións Agrarias-Unión de Pequenos Agricultores, abreviado coma Unións Agrarias-UPA, é un sindicato agrario que desenvolve as súas actividades en Galiza. A organización permanece ligada estruturalmente ao sindicato Unión Xeral de Traballadores (UXT).[3] Está composta por diferentes federacións ou sedes.
Unións Agrarias é o sindicato que defende especificamente os intereses dos labregos, gandeiros e traballadores do rural galego federados na súa organización.
Estrutura
A organización do sindicato está establecida do seguinte xeito:
- Secretario Xeral: Roberto García González.
- Secretario de Organización e Coordinación coas Comarcas: Xosé Rodríguez Blanco.
- Secretario de Asuntos Económicos e Área Interna: Xabier López Iglesias.
- Secretaria de Igualdade e Política Social: Verónica Marcos Arrojo.
- Secretaria de Xuventude, Emprendedores do Rural e Medio Ambiente: Begoña Liñares García.
- Secretaria Executiva: Rosario Muñiz López.
- Secretario Executivo: Xosé Castro Cabaleiro.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas